O Armadiña Rock xerou uns ingresos en Poio de 1,2 millóns de euros
Por Oskar Viéitez
Os organizadores do Armadiña Rock estiman que o festival de música de Combarro deixou máis dun millón de euros na economía local de Poio, grazas aos máis de 18.000 persoas que asistiron ao festival.
"O Armadiña Rock tivo uns efectos positivos na dinamización económica local nada despreciables", sinalan.
Considerando que a aportación económica por parte fundamentalmente do Concello de Poio se pode cifrar nuns 43.000 euros e os efectos na economía achéganse aos algo máis de 1.200.000 euros, "estaríamos a falar dunha inversión municipal e non dun gasto".
Con todo iso, sinalan que por cada euro público invertido no evento, sumado ás aportacións e gastos da organización, obtivo un resultado global de 27,90 euros.
A oitava edición deste festival acadou as "máximas cotas de renome e asistencia de público" coa presencia de milleiros de seguidores da música rock que se congregaron durante os días da celebración (26, 27 e 28 de agosto) ateigando as rúas, prazas e espacios públicos de Combarro.
Tamén engaden a repercusión do festival Armadiña Rock nos medios de comunicación e o seu interese cultural e turístico, acadando unha cifra de visitantes neste 2016 dunhas 40.000 persoas.
A venda duns 1.600 quilos de produtos do mar incidíu positivamente na promoción e comercialización de produtos tan característicos de Poio como son o berberecho ou a ameixa, froito da actividade marisqueira que ten unha incidencia moi importante na economía do municipio.
Como curiosidade aínda que se preveían unhas 500 tendas de campaña, ao final contabilizáronse nos 8.000 metros cadrados do recinto habilitado para os campistas unhas 1.315 unidades. Tomando como base unha media de tres persoas por tenda de campaña, obteñen o dato de que 3.945 persoas estiveron tres días en Poio.
Relacionadas:
-
David Civera, Xabier Díaz e Radio Cos completan co Armadiña Rock os concertos da Festa do Mar de Combarro
Por Redacción |
-
Herdeiros da Crus, entre as primeiras confirmacións do Armadiña Rock 2017
Por Redacción |
-
The Lakazáns, Siniestro Total, Terbutalina e Tractor Troy líana en Combarro
Por Diego Torrado |
-
Combarro levanta o pano da edición máis económica da Festa do Mar
Por Redacción |