Telmo Martín: "si Pita tuviera decencia política, él y su gobierno tendrían que irse para casa"
Por Oskar Viéitez
O portavoz do grupo municipal do Partido Popular, Telmo Martín, compareceu este martes en rolda de prensa para esixir responsabilidades ao goberno tripartito por "enganar" aos veciños de Portonovo ao ser "incapaz" de cumprir o seu compromiso de reforma da zona portuaria e a construción do aparcadoiro de Portonovo.
Telmo Martín critica que o goberno do alcalde Gonzalo Pita incumpra a súa promesa pois non será posible acometer esta reforma durante os 28 meses que restan de mandato ao carecer de Plan Especial de Ordenación do Porto, unha condición indispensable para levar a cabo este proxecto, asi que conclúe que "todo era una mentira de SAL para lograr votos en Portonovo".
O ex alcalde Telmo Martín afirmou que "si Pita tuviera decencia política, él y su gobierno tendrían que irse para casa".
O portavoz popular tamén fixo mención a outras "fraudes" do tripartito para con Portonovo como a suspensión da Festa da Raia ou a falta de limpeza que existe nas rúas desta vila.
Relacionadas:
-
O goberno local de Sanxenxo contraataca ante os reproches de Telmo Martín sobre Portonovo
Por Redacción |
-
Urbanismo inicia o anteproxecto do plan especial de ordenación do porto de Portonovo
Por Redacción |
-
Sanxenxo non terá que acudir a préstamos por primeira vez desde 2001
Por Oskar Viéitez |
-
Telmo Martín acusa o goberno de Sanxenxo de falta de liderado durante 2016
Por Redacción |