Defensa busca recrutas entre o alumnado pontevedrés
Por Redacción
Un total de 60 alumnos que actualmente cursan os seus estudos no Centro de Formación Profesional da Xunqueira asistiu o pasado venres unha charla a cargo dun grupo de representantes da Área de Recrutamento da Subdelegación de Pontevedra.
Entre outras cuestións, tocáronse aspectos relacionados coas funcións das Forzas Armadas, así como aquelas misións internacionais nas que actualmente participa España.
Tamén se difundiu información sobre as diferentes vías de ingreso nas Forzas Armadas e posterior desenvolvemento da carreira militar nos respectivos exércitos e a Armada, para todos aqueles estudantes que estivesen interesados.
A charla finalizou cun animado coloquio.