Obras de mellora no parque da Feira, en Cuntis
Por Redacción
O Concello de Cuntis está a realizar actuacións e obras de mellora no parque da Feira.
Entre outras, a empresa local que se encarga do mantemento das zonas axardinadas está a podar e saneando as árbores e resembrando o terreo.
Tamén se están repoñendo as luminarias, arranxando o sistema de rega e arrombando a fonte dos canteiros.
O Concello completará a mellora da devandita praza cunha actuación sobre o pavimento que xa conta coa correspondente autorización da Dirección Xeral de Patrimonio.
O grupo de goberno aposta así pola mellora dun "espazo publico de vital interese para os veciños e veciñas de Cuntis e moi visitado polos turistas".