O Concello de Marín recibe máis de 57.000 euros da Xunta para o Centro de Información das Mulleres
Por Redacción
A Xunta de Galicia a través da Vicepresidencia e da Consellería de Política Social fináncianse os gastos dos servizos sociais municipais, así como a contribución para o mantemento dos centros de información á muller. O Concello de Marín recibe 57.198 euros en concepto de gastos que de dedican ao persoal financiando dous postos de asistentes sociais e un de educadora social.
O Centro de Información á Muller está subvencionado referindo aos gastos da psicóloga directora do centro así como a asistencia xurídica que se presta aos usuarios deste servizo. No ano 2016 recibíronse 28.256 euros para esta actividade.
Nas dependencias de Briz atópase situado o Centro de Información á Muller no que se atenden os casos das veciñas de Marín, tramítanse as solicitudes de axuda e outras prestacións sociais. Tamén se atopa situado o Axente de Desenvolvemento Local onde se xestionan axudas ao emprego e programas de integración que levan a cabo en colaboración coa Consellería de Industria.