Os Trazantes de Tenorio entregan os alimentos recollidos nas súas galas de Nadal
Por Redacción
A agrupación folclórica Os Trazantes de Tenorio fixo entrega, a través de María Pichel, dos centos de quilogramos de alimentos recadados nas súas galas solidarias organizadas durante as pasadas festas de Nadal ao presidente do Concello de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela.
O rexedor recibiu a entrega por parte do colectivo, xa que o seu reparto será xestionado pola Concellería de Servizos Sociais atendendo ás necesidades das familias con poucos recursos económicos do municipio.
Cubela agradeceu "o gran esforzo, traballo e solidariedade" de Os Trazantes a prol da xente necesitada do municipio e cualificou a súa traxectoria e inquedanzas como "un exemplo" para todo o municipio.