Ao recreo con froita na Xunqueira 2
Por Redacción
Os alumnos do instituto Xunqueira 2 participan dende este luns no programa "Froita fresca na escola".
Repiten experiencia nesta iniciativa que impulsa a Consellería de Medio Rural, a través do fondo galego de garantía agraria.
É unha campaña de concienciación para xerar hábitos saudables de consumo de froita de forma habitual, regalando ao alumnado froita de produción nacional e de tempada nos períodos de lecer. Este programa financia ata catro semanas durante o curso, sen embargo dada a gran acollida do proxecto, o centro ten decido aumentar o tempo de subministración.
Empezan este luns 16 e continuará ata o 27 de xaneiro. Logo dun pequeno descanso retomarase en febreiro do 13 ao 24, e volverá en marzo do 6 ao 17.
Foi unha solicitude do profesorado responsable da materia "Promoción de estilos de vida saudables".