Xuntanza en Bueu para organizar unha ruta de tapas e cócteles en febreiro
Por Redacción
Toda a hostalaría da vila de Bueu foi convocada esta semana para unha reunión que vai ter lugar o luns 16 de xaneiro, ás 10.30 horas, na sala de xuntas do Concello e na que se tratará sobre a organización dunha nova edición da ruta das tapas e cócteles para o mes de febreiro.
Segundo destacou a concelleira da área, Silvia Carballo, a idea é dinamizar os locais gastronómicos en datas máis frouxas.
A reunión do luns será unha primeira toma de contacto entre todos os locais interesados para decidir datas e temática.
Esta actividade leva organizándose desde xa fai varios anos como unha fórmula para dinamizar a hostalería local e ofrecer unha alternativa de ocio moi vinculada aos eventos culturais e deportivos.
Así, a última edición da ruta tivo lugar o pasado mes de setembro, coa colaboración do Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu (FICBUEU). Nela os participantes puideron degustar diferentes tapas con nome de película, nun total de trece locais bueueses.