Envorca co seu coche no centro de Marín
Por Diego Torrado & Redacción
Unha colisión entre dous vehículos provocou o aparatoso envorco dun coche na Avenida de Ourense.
O suceso tivo lugar á altura do número 45 desta céntrica rúa marinense sobre as 15:45 horas deste sábado.
Aínda que a condutora do vehículo envorcado non presentaba feridas graves e puido saír do coche polo seu propio pé, unha ambulancia presentouse no lugar por se fora necesario prestar algún servizo sanitario.
O seu turismo quedou envorcado lateralmente sobre a calzada e varios transeúntes axudaron a endereitalo baixo a atenta mirada da Policía Local.