Agora as beirarrúas e logo virá o pavimentado da rúa Recamán
Por Redacción
A brigada municipal de obras do Concello de Marín segue realizando traballos que tratan de executar para a mellora e conservación dalgúns espazos públicos.
Estes días están a cambiar as baldosas nalgúns tramos da rúa Recaman que estaban en moi mal estado.
A actuación consiste na substitución das plaquetas que se atopaban afundidas, rotas ou deterioradas, para deixar a rúa nas mellores condicións.
O Concello xa ten redactado un proxecto de mellora do pavimento deste viario que está pendente de contratación. Trátase de renovar o asfalto que nesta rúa está en malas condicións. Estes traballos requiren unha contratación externa.