Un accidente múltiple en Marín sáldase cunha persoa ferida
Por Redacción
Unha persoa resultou ferida esta tarde nunha colisión múltiple en Marín. No choque víronse implicados catro vehículos.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos ás 14:30 horas.
Ata o lugar do sinistro desprazouse un equipo de Urxencias Médicas e trasladaron á persoa ferida ao Hospital Domínguez de Pontevedra.
O centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia solicitou a intervención, tamén, dos Bombeiros do Morrazo, de Protección Civil de Marín e da Garda Civil de Tráfico.