Sufocan un incendio no colexio San Fermín de Caldas
Por Redacción
O colexio plurilingüe San Fermín de Caldas de Reis sufriu un pequeno incendio que obrigou a mobilizar aos medios de emerxencia.
Concretamente o lume orixinouse minutos antes das tres da tarde na aula de Plástica cando o centro estaba baleiro. Descoñécense as causas do incendio.
As chamas foron sufocadas cun extintor.
Foron alertados os Bombeiros do Salnés que ao chegar ao lugar procederon a ventilar o recinto e asegurar a zona polo que se suspenderon as clases previstas para a tarde.
A dirección do centro informou que o venres se retomará a actividade lectiva con normalidade, fóra de 4º da ESO, xa que esas dúas aulas son as máis afectadas.