Melloras no lavadoiro de Aguete en Marín
Por Redacción
A brigada municipal de obras do Concello de Marín está a acometer os labores de mellora, acondicionamento e limpeza no lavadoiro de Aguete, na parroquia de Seixo.
Trátase de labores de amaño do lavadoiro, da súa contorna, de rozar a maleza e de labores de acondicionamento para mellorar esta zona que, segundo o Concello de Marín, sempre se atopa moi frecuentada e utilizada polos veciños.
Chorreo, limpeza do pilón e da maleza son os labores que se están efectuando durante estes días coa intención de que se mellore esa contorna, unha petición que fora realizada polos veciños desa zona.