A Brilat é relevada como punta de lanza da OTAN
Por Redacción
Este mércores tivo lugar no cuartel xeral do mando aliado de reacción rápida situado en Gloucester, en Reino Unido, a substitución da BRILAT como unidade base da brigada multinacional terrestre de resposta rápida da OTAN.
Tras culminar con éxito o reto de crear a primeira forza de reacción rápida da OTAN, a Brilat permanecerá como reserva durante o ano 2017.
O xeneral da Brilat, Luís Cebrián Carbonell, entregou o mando ao xeneral Mike Elviss xefe da vixésima Brigada de Infantería Acoirazada do Exército Británico.
Esta nova brigada estará liderada por unidades británicas pero tamén contarán con militares españois, neste caso uno dos batallóns de infantería será achegado por unha bandeira da lexión.