Unha pontevedresa recupera nos tribunais a renda de inserción que lle retiraron "por venganza"
Por Redacción
Despois dun ano sen poder cobrar a renda de inserción activa que viña percibindo Paloma López acaba de conseguir que a Xustiza lle de a razón e que o Servizo Público de Emprego (SEPE) rectifique.
Esta veciña de Pontevedra di ter sufrido unha "venganza dirigida hacia mi hija" por parte dun empresario da cidade do Lérez que negaba que Paloma tivera entregado unha serie de currículos. Por este motivo o SEPE acusábaa de percibir esta renda sen que realizase todas as actuacións de procura activa de emprego que se lle esixe.
De modo que a administración resolveu retirar esta renda á muller e ademais reclamáballe case 1.400 euros que, segundo a administración percibira irregularmente.
Durante o xuízo o empresario desdeciuse e agora o xulgado do Social establece na súa sentenza que Paloma si puido levar a cabo estas actuacións de procura de emprego e concédelle o dereito para cobrar esta prestación.