A Deputación esixe á Xunta que redefina a situación dos CIM
Por Redacción
A Deputación de Pontevedra, a través da deputada delegada en igualdade, Isaura Abelairas, esixe á Xunta de Galicia, que "configure unha rede integral e equilibrada" de Centros de Información á Muller en todos os concellos da provincia "para que todas as mulleres, independentemente de onde vivan, teñan acceso aos mesmos servizos e non corran riscos polas dificultades dos concellos para prestar un servizo básico como é a información e asesoramento á muller".
Isaura Abelairas acusa o PP de estar a facer "política de baixura" co caso concreto do CIM de Ponte Caldelas, "obviando" que os máximos responsables da financiación e organización dos CIM é o goberno da Xunta de Galicia.
Ademais, recordou que "o señor Rueda está a facer un uso partidario dun problema laboral herdado do anterior goberno local do PP, que non xestionaba ben as contratacións impulsando, deste xeito, problemas laborais dos que son eles os únicos responsables".
Cuestiona a deputada que se adiquen a criticar o alcalde de Ponte Caldelas cando dos 61 municipios da provincia de Pontevedra so 35 forman parte da rede CIM da Xunta, 21 de xeito individual e 14 mancomunados, "esquecéndose que 27 concellos de esta provincia non teñen CIM".
Relacionadas:
-
Os socialistas reclaman á Xunta que asuma os Centros de Información á Muller
Por Oskar Viéitez |
-
Carmela Silva reclama á Xunta un plan integral para os CIM de Pontevedra
Por Redacción | Creada e actualizada
-
Denuncian ante a Comisión Europea o peche do CIM de Ponte Caldelas
Por Oskar Viéitez |
-
O PP sinala a Carmela Silva como "cómplice" do peche do CIM de Ponte Caldelas
Por Oskar Viéitez |
-
Carmela Silva non acepta "ningunha lección" en materia de igualdade de Rueda nin do PP
Por Oskar Viéitez |
-
Rueda ve "bastante absurdas" as explicacións de Ponte Caldelas sobre o peche do CIM
Por Redacción |