O recinto feiral volverá vestir de rebaixas do 3 ao 5 de febreiro
Por Redacción
Stock Pontevedra, a feira de oportunidades que organizan cada ano o Centro Comercial Urbano Zona Monumental e a asociación Aempe, volverá encher de ofertas e rebaixas o recinto feiral. Será entre o 3 e o 5 de febreiro e está aberto o prazo para que os comerciantes interesados en participar formalicen a súa inscrición.
Durante tres días, os comerciantes exporán toda a súa oferta de oportunidades nun 'gran centro comercial' de 4.500 metros cadrados ao que se espera a chegada dun público potencial de 20.000 persoas.
A feira está destinada aos comerciantes que teñen problemas de stocks, a quen as últimas campañas de vendas non lle permitiran cumprir os seus obxectivos e a aqueles que, sen atoparse nas dúas situacións anteriores, buscan en Stock Pontevedra un espazo no que realizar unha campaña de rebaixas como a das grandes superficies comerciais.
Poderán participar todos aqueles pequenos comercios que teñan un establecemento aberto ao público, que teñan intención de poñer á venda os seus produtos habituais a un prezo ou nunhas condicións máis vantaxosas para os consumidores (quedando a elección do propietario do comercio a porcentaxe de desconto ou oferta que aplica) e que estean dados de alta no Imposto de Actividades Económicas nalgún dos epígrafes comprendidos no sector de comercio e no censo de actividades económicas dentro do epígrafe de venda polo miúdo.
Todo aquel que desexe participar ou recibir máis información pode solicitala na oficina do CCU Zona Monumental no número 1 da rúa Serra, no teléfono 685896569 ou no correo electrónico info@ccuzonamonumental.es. Os asociados ao Centro Comercial Urbano Zona Monumental e Aempe teñen un 25% de desconto.
Relacionadas:
-
Grandes oportunidades nunha nova edición do Stock Pontevedra
Por Mónica Patxot & Antía Fernández Buján |
-
Agárdase a presenza de 20.000 visitantes á feira de oportunidades Stock Pontevedra
Por Redacción |
-
Satisfacción no peche de Stock Pontevedra pola alta asistencia ao Recinto Feiral
Por Redacción |
-
Fin de semana de descontos no Recinto Feiral
Por Redacción |
-
Stock Pontevedra anuncia unha total ocupación do recinto feiral
Por Redacción |