Estudantes do Centro de Formación Agroforestal de Lourizán reclaman melloras ante a Xunta
Por Redacción
Un grupo de estudantes do Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Lourizán se manifiestaron este luns ante a delegación da Xunta de Galicia en Pontevedra.
Estes alumnos organizaron unha protesta por varias demandas. Denuncian que os coches que utilizan para levar a cabo as prácticas no exterior non se atopan en condicións para que circulen e nin sequera pasaron a ITV. Ante esta situación, son os propios alumnos os que ven obrigados a utilizar os seus vehículos para poder realizar as prácticas.
Apuntan, tamén, que o material informático atópase descatalogado e desfasado. A estes problemas para acometer o traballo, suman que non se está substituíndo aos monitores que se atopan de baixa e das prazas que non se atopan cubertas. Ademais, carecen de persoal administrativo.
Os estudantes indican que enviaron unha carta antes do Nadal á Consellería do Medio Rural para que tivesen coñecemento das súas demandas e non recibiron contestación. Sinalan que os recortes agraváronse nos últimos dous meses e que os profesores son os que se encargan dos labores administrativos. Ante esta situación, a dirección deste centro dependente da Xunta de Galicia apoia as protestas, segundo afirman os estudantes.
O ciclo leva en funcionamento dous anos con 25 alumnos por clase. Conta con 100 estudantes e tan só con 3 monitores, segundo denuncian.