Comisiones Obreras culpa de catro accidentes á Deputación por non botar sal nas estradas
Por Redacción
En Comisións Obreiras entenden que catro accidentes, con saída de vía, que se rexistraron en estradas provinciais entre o 25 de decembro e o 1 de xaneiro son como consecuencia das placas de xeo que se formaron na calzada. Por este motivo, culpan o actual equipo de goberno de falta de prevención porque non se está lanzando sal aos viarios para evitar estes accidentes.
José Ramón Piñeiro, delegado de Comisións Obreiras na Deputación, afirma que falta organización e planificación para afrontar estas situacións de seguridade e emerxencia. Apunta que por evitar a negociación cos traballadores de Parque de Maquinaria non se están poñendo os medios necesarios para garantir a seguridade viaria.
Piñeiro asegura que no Parque de Maquinaria atópanse dúas máquinas esparcidoras de sal sen utilizar por decisión política e que en Ponteareas tamén se atopa outra, que non se emprega por estar estragada e, segundo o representante de CC.OO., amortízanse as prazas de mecánico, de forma que o persoal non ten tempo para levar a cabo o arranxo.
Neste sentido, Piñeiro afirma que a Deputación contrata a unha empresa externa para acometer estes traballos e en lugar de utilizar unha máquina adecuada empregan unha gravilladora, que non esparce ben o sal polas estradas.
Ademais, desde o sindicato anuncian que darán un mes de prazo ao goberno da Deputación para tentar unha nova reunión para negociar a situación laboral dos traballadores do Parque de Maquinaria. "Os traballadores están dispostos a arranxar o tema", concluíu José Ramón Piñeiro.
"PIÑEIRO, VOCEIRO DO PP"
Ao romancero derivado do Cantar de Mío Cid acudiu a presidenta da Deputación de Pontevedra ao dicir "cosas veredes", en relación á rolda de prensa de Comisiones Obreras.
Para Carmela Silva, o máis sorprendente da denuncia de José Ramón Piñeiro é o feito de que "se teña convertido en voceiro do Partido Popular e que agora é o líder da oposición na Deputación".
"Ata aí temos chegado, empezamos ben o ano", dixo Silva en referencia ao sindicalista de Comisiones Obreras.
Despois de lembrar que o goberno PSdeG-BNG ten en marcha o Plan Móvese un programa de mellora da seguridade na rede de estradas provinciais.
"Estráñame que ou voceiro dá oposición na Deputación de Pontevedra, ou señor Piñeiro, non teña denunciado que aumentaron accidentes mortais en España no 2016", valorou nun primeiro momento a mandataria socialista para engadir a continuación "xa entendo, e que é o líder da oposición" e en España e na Xunta "goberna o Partido Popular", concluíu.
Relacionadas:
-
A Deputación asegura que a contratación de empresas para realizar rozas xa era unha práctica habitual do goberno de Louzán
Por Oskar Viéitez |
-
CC.OO. sostén que a Deputación "mentía ao dicir que o Parque de Maquinaria non se ía a privatizar
Por Redacción |
-
Comisiones Obreras acusa a Mosquera de separar as familias dos operarios do Parque de Maquinaria
Por Anxo Lourido |
-
O conflito do Parque de Maquinaria leva a Carmela Silva a darse de baixa de Comisións Obreiras
Por Oskar Viéitez |