O teu album familiar inclúe fotos antigas do río dos Gafos? Poderás axudar a Vaipolorío
Por Redacción
O colectivo ecoloxista Vaipolorío pon en marcha unha campaña de recollida de fotos antigas do río dos Gafos e a súa contorna e pide a colaboración da cidadanía para pode reunir entre todos unha mostra máis ampla e completa de imaxes.
Os integrantes do colectivo solicitan a todos os veciños que teñan fotos que llas fagan chegar ao correo electrónico vaipolorío@gmail.com ou chamando ao teléfono 676 842 942.
Desde Vaipolorío aseguran que os orixinais serán devoltos aos seus propietarios unha vez que sexan escaneados. Ademais, garanten que nunha futura publicación nomearán aos doantes.