Morre unha persoa en Marín ao caer da súa moto
Por Redacción
Un motorista faleceu na tarde deste venres en Marín.
A vítima caeu da moto na que circulaba. Os feitos tiveron lugar no centro urbano, na vía que une as rúas Jaime Janer con Ezequiel Massoni.
Unha persoa particular contactou co 112 Galicia ás 14:45 horas para dar conta do sinistro. Acto seguido, desde a central de emerxencias do 112 informouse a Urxencias Médicas e aos Bombeiros do Morrazo. Tamén se alertou a Protección Civil e á Policía Local.
Ata o lugar do accidente desprazouse unha ambulancia. A vítima acabou falecendo no traslado, a pesar dos esforzos dos efectivos sanitarios por reanimala.