Os avós fanse un Facebook
Por Redacción
Desde o pasado febreiro estanse desenvolvendo na sede de Cruz Vermella unha serie de cursos de acceso dixital destinados a persoas maiores de 55 anos que xa han ter contacto cun ordenador e co mundo de Internet pero que lles gustaría ampliar os seus coñecementos nas denominadas redes sociais.
Cunha metodoloxía sinxela, visual e adaptada a este colectivo, un grupo de voluntarios pretenden iniciarlles nas novas formas de comunicación, como poden ser o correo electrónico ou as redes sociais, e ten como fin previr o illamento social que poidan sufrir por diversas causas e mostrarlles outra forma de relacionarse coa que non se sintan soas.
Actualmente estase desenvolvendo o segundo destes cursos, que é gratuito, e realízase entre o luns 4 e o xoves 7 de marzo, de 11:00 horas da mañá ás 13:00 do mediodía. O anterior tivo lugar entre os días 18 e 21 de febreiro con gran acollida entre os asistentes, que finalizaron estas sesións de acceso dixital con gran satisfacción polo apreso. Está previsto poder celebrar outro curso nas últimas semanas de marzo, aínda que aínda non hai ningunha data pechada.