Un ferido ao envorcar o seu coche na AP-9
Por Redacción
Unha persoa resultou ferida leve na tarde deste mércores nun accidente de circulación rexistrado na autoestrada AP-9 ao seu paso polo termo municipal de Vilaboa.
Segundo informa o Centro de Atención de Emerxencias de Galicia 112, o coche no que viaxaba a persoa ferida envorcou no punto quilométrico 39 da autovía sobre as 16.45 horas. Unha persoa alertou ao CAE 112 do sucedido.
A persoa que resultou ferida no impacto puido saír ela mesma do vehículo, polo que non tivo que ser excarcerada, pero si requiriu asistencia sanitaria. Os servizos de Urxencias Médicas procederon ao seu traslado ao Hospital Povisa de Vigo.
O Centro de Atención ás Emerxencias tamén informou aos Bombeiros do Morrazo, a Protección Civil e á Garda Civil de Tráfico.