Marea de Marín pide á Xunta melloras de seguridade viaria en Pardavila
Por Oskar Viéitez
O grupo municipal da Marea de Marín presentou unha moción na que pide ao Concello que se dirixa a Xunta para solicitar medidas urxentes de mellora da seguridade viaria nun tramo da estrada PO-313, no lugar da Pardavila.
Este viario que transcorre entre os concellos de Marín e Moaña presenta "deficiencias evidentes" en seguridade que "entrañan un serio perigo para os nenos e pais que camiñan por un tramo de beiravía" que ten soamente 40 centímetros de ancho. E citan o caso concreto dun veciño da zona que sufre a diario este problema.
A Consellería de Infraestructuras ten prevista a construcción dunha senda peonil nesta estrada ainda que, según Marea de Marín, o goberno local ofreceu respostas "ambiguas e inconcretas" sobre o seu comezo e remate concluíndo que "no peor dos escenarios estamos ante a venda habitual de fume por parte do PP local, ou no mellor dos casos dita obra irá para longo".
Por iso dirixen este acordo para que se mellore a seguridade viaria no tramo comprendido dende a vivenda número 60 ata a 63, no lugar de Pardavila.