Unhas 700 persoas participan na parada técnica de ENCE
Por Oskar Viéitez
A fábrica celulosas arrincou este luns coa súa parada técnica anual que se prolongará ata o 12 de marzo.
Segundo informou a compañía, durante estes días, uns 700 traballadores de máis de 20 empresas diferentes uniranse aos empregados de persoal para levar a cabo, ademais das habituais tarefas de reparación e mantemento das instalacións, toda unha serie de importantes melloras no complexo industrial.
En concreto estase instalando unha moderna tecnoloxía para eliminar vapores. O obxectivo é minorar o impacto visual dos vapores, unha mellora que será perceptible a partir de finais de abril ou principios de maio, segundo as previsións que manexan no complexo industrial.
Xunto á visual na pastera tamén se traballa noutra mellora, neste caso "olorosa", dentro do chamado plan de eliminación de cheiros, deseñado en colaboración coa Universidade de Santiago.