Ponte Caldelas será a primeira parada dos Reis Magos na comarca
Por Redacción
Como xa é habitual, a primeira parada dos Reis Magos na comarca de Pontevedra será en Ponte Caldelas. As Súas Maxestades de Oriente chegarán á vila xa este mércores 4 de xaneiro, a partir da seis da tarde, para participar na tradicional cabalgata.
O percorrido partirá, como é habitual, do colexio Manuel Cordo Boullosa, para continuar pola avenida de Vigo, rúa González Besada, xirando cara ás de México e Brasil, para volver pola avenida de Pontevedra, ata finalizar na zona da Alameda.
As Maxestades, que chegarán con catro carrozas engalanadas para a ocasión e acompañadas dos seus paxes, repartirán caramelos durante o seu percorrido urbano.
A continuación terán parada no Centro Cultural para a recepción oficial aos nenos e nenas de toda a bisbarra. Alí estarán durante máis dunha hora para que ninguén quede sen facerlle as súas peticións e entregar as cartas.
O Concello porá en marcha o dispositivo de seguridade e ordenación habitual do tráfico.
Ao remate celebrarase unha gran chocolatada, acompañada con rosca, todo elo completamente gratuíto.
Relacionadas:
-
O programa de televisión 'España Directo' cambia o horario da cabalgata de Reis en Ponte Caldelas
Por Redacción |
-
Papá Noel pasea por Ponte Caldelas antes de repartir os agasallos da noite
Por Redacción |
-
Cáritas de Ponte Caldelas inaugura a segunda edición do seu mercadiño solidario
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas acollerá unha gran festa baixo carpa para celebrar a Noitevella
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas estrea unha novidosa iluminación de Nadal
Por Redacción |