Dous feridos nun accidente entre dúas motos na estrada de Marín e Moaña
Por Redacción
Dúas persoas resultaron feridas nun accidente de circulación rexistrado entre dúas motos na estrada que comunica Marín con Moaña.
Segundo informou o Centro de Atención de Emerxencias de Galicia 112, o sinistro produciuse ás 18.48 horas na estrada provincial PO-313.
O Servizo de Urxencias Médicas de Galicia 061 deu alerta do accidente ao 112 e a continuación foron mobilizados ao lugar a Policía Local e Protección Civil de Marín e a Garda Civil de Tráfico.
Fontes da Policía Local de Marín indicaron que a Garda Civil está instruíndo o atestado, pero que unha patrulla policial desprazouse ao lugar e constatou que houbo dous feridos e polo menos un deles tivo que ser trasladado en ambulancia a un centro hospitalario.