Campo Lameiro recibirá case 400.000 euros do Plan Concellos
Por Redacción
A Deputación de Pontevedra achegará este ano 2017 máis recursos ao concello de Campo Lameiro no marco do Plan Concellos.
Deste xeito, a vila recibirá un total de 363.723,85 euros, 2.275,95 euros máis que en 2016, ano no que xa tivo un 17,5% de incremento respecto a 2015 (o que se traduciu en 53.842,74 euros máis).
Á marxe do Plan Concellos, Campo Lameiro recibirá outras axudas e subvencións, enmarcadas nas diferentes áreas de actividade da Deputación, ás que o concello poderá concorrer.
Durante o ano 2016 a Deputación de Pontevedra destinou a Campo Lameiro un total de 488.643,43 euros (unha media de 258 euros por habitante), dos cales 361.447,90 euros se corresponderon co “Plan Concellos 2016”. Ademais, a institución provincial investiu en mobilidade, cohesión social e xuventude, en cultura e lingua, o fomento do emprego, o impulso do deporte e a igualdade entre mulleres e homes.
En concreto, investiuse no acondicionamento dos locais de Chanciña, obras de mellora na contorna rural, o acondicionamento da beirarrúa da rúa Bernardo Sagasta e a zona húmida artificial para o tratamento de augas residuais e a fase final do saneamento de Paredes.