Cambados aposta forte polas actividades do proxecto de Cidade Europea do Viño 2017
Por Redacción
A alcaldesa de Cambados, Fátima Abal, e o concelleiro de Enoturismo deste municipio, José Ramón Abal, reuníanse este luns co delegado territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís para presentarlle o proxecto de Cidade Europea do Viño 2017.
Neste encontro revisáronse as máis de 80 actividades que levarán a cabo ao longo de 2017 en Cambados con motivo do nomeamento da vila como cidade europea do viño.
Os responsables municipais trasladaron ao delegado territorial da Xunta o seu interese porque a administración autonómica colabore nos eventos. Outras institucións e asociacións están tamén avaliando a súa participación. É o caso do Consello Regulador Rías Baixas, o Capítulo Serenísimo da Confraría do Albariño, a Mancomunidade do Salnés, a Deputación de Pontevedra, a administración xeral do Estado e a Ruta do Viño Rías Baixas.
Moitas das actividades xa forman parte da programación anual habitual do Concello de Cambados vinculadas á Festa do Albariño, que se desenvolverá a finais do mes de xullo.
Cores Tourís indicou que, da mesma forma que sucede con outras administracións, resulta complicada a achega económica directa pero si se tentará colaborar en determinadas actividades.
O delegado territorial da Xunta, que tamén foi alcalde de Cambados durante unha década, indicou que tratará con diferentes departamentos da Xunta as posibilidades de colaboración e ao mesmo tempo indicou que a distinción pode promocionarse na caseta de Galicia en Fitur e noutros certames nacionais e internacionais.
Relacionadas:
-
Actividades accesibles, bicicleta en familia e maxia, novedades na Ruta do Viño Rías Baixas
Por Oskar Viéitez |
-
Cambados acollerá un Festival Rías Baixas
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Carmela Silva e Susana Díaz estreitan lazos en Fitur
Por Redacción |
-
Os ecos de Cambados como Cidade Europea do Viño chegan a Fitur
Por Redacción |
-
Cambados, elixida Cidade Europea do Viño 2017
Por Oskar Viéitez |
-
Cambados, elixida Cidade Europea do Viño 2017
Por Oskar Viéitez |