A Xunta insta o Concello de Ponte Caldelas a que rectifique a súa decisión de pechar o Centro de Información á Muller
Por Redacción
A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, instou este lunes ao alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz, a que "rectifique" na súa decisión de pechar o Centro de Información á Muller (CIM) do seu concello, un centro que desde 2013 leva atendidas máis de 700 persoas.
Susana López Abella mantivo esta mañá unha reunión coa presidenta de Asocim (Asociación de profesionais dos CIM) e con dúas traballadoras do CIM de Ponte Caldelas para abordar a situación creada logo da decisión anunciada polo alcalde de pechar o centro.
Segundo indicou secretaria xeral da Igualdade, trátase dunha "decisión inaudita", xa que nos últimos tempos estanse a abrir novos CIM en concellos galegos, actualmente son 81 en Galicia, "e hai máis que os solicitan".
López Abella lamentou esta decisión que "prexudica ás mulleres que sofren unha situación de violencia de xénero" e explicou que "non se pode entender" que despois de dez anos de "traxectoria impecable" se decida pechar "sen explicar as causas".
En calquera caso a secretaria xeral incidiu en que ningunha muller que o requirise vai quedar sen atención e sinalou aos centros de A Lama, Soutomaior e Pontevedra, como referencia para as persoas que requiran de información e atención en Ponte Caldelas, mentres continúe esta "situación anómala".
Hai que ter en conta que a Xunta subvenciona o funcionamento destes centros en base ao número de persoas usuarias, se están localizados no rural ou nas cidades ou polas condicións de traballo dos traballadores que teñan.
O CIM de Ponte Caldelas recibiu 216.000 do goberno galego desde 2009, cunha media de preto de 30.000 euros ao ano. Na última resolución publicada o 23 de decembro concedéuselle unha axuda de 27.000 euros.
Relacionadas:
-
O PP sinala a Carmela Silva como "cómplice" do peche do CIM de Ponte Caldelas
Por Oskar Viéitez |
-
Carmela Silva non acepta "ningunha lección" en materia de igualdade de Rueda nin do PP
Por Oskar Viéitez |
-
Andrés Díaz reta a Rueda a visitar Ponte Caldelas para abordar a discriminación da Xunta co Concello
Por Redacción |
-
Andrés Díaz reta a Rueda a visitar Ponte Caldelas para abordar a discriminación da Xunta co Concello
Por Redacción |
-
Rueda ve "bastante absurdas" as explicacións de Ponte Caldelas sobre o peche do CIM
Por Redacción |
-
O goberno local de Ponte Caldelas pide a destitución inmediata da secretaria xeral de Igualdade
Por Oskar Viéitez | Creada e actualizada
-
O PP levará ao Parlamento o "irresponsable" cese na actividade do CIM de Ponte Caldelas
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Unha avogada, especializada en violencia de xénero, incorpórase ao servizo do Concello de Ponte Caldelas
Por Redacción |
-
O PP de Ponte Caldelas critica o alcalde por suprimir o Centro de Información á Muller
Por Oskar Viéitez |
-
O CIM de Ponte Caldelas disporá dun servizo integral de asesoría legal
Por Redacción |