Os 'cómplices' dos Reis axudan a que 465 nenos estreen un agasallo
Por Oskar Viéitez
Tamén este Nadal os pontevedreses tiveron que botar unha man aos Reis Magos para que poidan cumprir con todos os desexos que os nenos da Boa Vila pediron nas súas cartas.
A través da fundación Meniños e coa colaboración do Concello, un ano máis se desenvolveu a campaña Envolve que consiste en que aquelas persoas interesadas en ser 'cómplices' dos Magos de Oriente compren agasallos aos nenos e adolescentes de familias sen recursos ou con grandes necesidades económicas.
Estes menores escribiron unha carta aos Reis pedindo dous ou tres agasallos de non máis de 35 euros dos cales os 'cómplices' escolleron un para que todos os nenos estreen polo menos un xoguete novo.
As peticións que fixeron os nenos ás súas Maxestades de Oriente son moi variadas. Hai cartas repletas de recortes de xoguetes desexados, algunhas con só dúas ou tres opcións e as máis austeras, con só xoguete a discreción.
En total foron 465 cartas, pero son moitos máis os agasallos que chegarán ás casas destas familias, preto dun milleiro, grazas á xenerosidade de todos os 'cómplices'.
Relacionadas:
-
Os Reis Magos volven buscar cómplices para que ningún neno quede sen agasallo
Por Redacción |
-
Festa e moita animación acompañarán aos Reis Magos na cabalgata de Pontevedra
Por Redacción |
-
Urxente!!! Os Reis Magos necesitan 160 cómplices
Por Redacción |
-
Queres ser cómplice de Melchor, Gaspar e Baltasar?
Por Oskar Viéitez |