Caldas recibirá preto de 700.000 euros do Plan Concellos
Por Redacción
No 2016 a Deputación de Pontevedra achegou en total á vila de Caldas de Reis preto dun millón de euros. O goberno de Carmela Silva destinará este ano un 17% máis de recursos ao concello de Caldas de Reis no marco do Plan Concellos.
Deste xeito, a vila recibirá un total de 695.534,10 euros, case 100.000 euros máis, un 16,6% máis de recursos que no ano 2016, ano no que xa tivo un 36,5% de incremento respecto a 2015 (o que se traduciu en 159.444,26 euros máis).
Á marxe do Plan Concellos, Caldas recibirá o ano que vén outras axudas e subvencións, enmarcadas nas diferentes áreas de actividade da Deputación de Pontevedra, ás que o concello poderá concorrer.
Entre outros os cartos adicáronse á renovación das rúas Loureiros e Juan Fuentes Echevarría e para a construción de vestiarios e unha poza na Finca Tafona.
Tamén ao pagamento do profesorado da Escola de Música, á V Feira Tradicional, aos obradoiros para persoas maiores de manexo de smartphonese tablets, un proxecto de promoción da igualdade e prevención contra a violencia de xénero, o Congreso Galego de Medio Ambiente e a promoción turística da vila e creáronse 8 postos de traballo nos servizos municipais.