Seis intoxicacións etílicas e dúas agresións, balance da Noitevella en Pontevedra
Por Redacción
Os servizos de urxencias médicas tiveron que atender varias incidencias derivadas da longa celebración pola entrada de ano na comarca.
As Urxencias do Hospital de Montecelo atenderon seis casos de intoxicacións etílicas, pero todos eles presentan un cadro de evolución favorable, segundo informou o Servizo Galego de Saúde.
Ademais o Punto de Atencón Continuada (PAC) do centro de saúde da Parda notificou a súa asistencia en dous casos de agresión.
O resto de intervencións urxentes tanto en Montecelo como na Parda debéronse a enfermidades comúns e cadros gripais, que empezan a repuntar nestas datas.