Catro vehículos, afectados por un incendio nun garaxe de Vilagarcía
Por Redacción
Dous turismos ardían por completo e outros dous quedaron gravemente danados por mor dun incendio no interior dun garaxe en Vilagarcía de Arousa. Os Bombeiros do Salnés confirmaron que o lume se iniciaba nun dos coches e acabou por estenderse a outros tres vehículos, que sufriron danos importantes.
A acumulación do fume e de gases no interior do garaxe e no oco das escaleiras do edificio obrigou aos efectivos de extinción a empregarse a fondo para ventilar o inmoble, segundo apunta o servizo de Emerxencias do 112. Non se rexistraron feridos.
O incidente producíase ás 07.00 horas desta mañá, cando o 112 Galicia recíbía unha chamada de auxilio dun particular. Ata o lugar trasladáronse os Bombeiros do Salnés, os efectivos do servizo local de emerxencias e as forzas da orde con efectivos da Policía Local e Nacional.