A Deputación adxudica 150.000 euros á esperada remodelación do Club de Piragüismo de Paredes
Por Redacción
O goberno provincial de Carmela Silva aprobou este mércores a concesión dunha subvención de 150.000 euros para o Concello de Vilaboa, con destino a financiar a esperada remodelación das instalacións do Club de Piragüismo de Paredes.
Trátase dunha histórica reivindicación da veciñanza e do goberno municipal á institución provincial que nunca se concretou, a pesar de que máis de 400 deportistas e moitos rapaces desenvolven alí as súas actividades desde hai 30 anos, e de que o club é dos máis importantes da provincia, contando no seu palmarés co Campionato de España de K2.
A subvención é parte do Plan de Investimentos en Equipamentos e Infraestruturas para concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia (PICEI´16).