O empresario Ramiro Carregal entrega donativos a diferentes asociacións de Vilagarcía
Por Redacción
Con motivo das festividades do Nadal, o empresario Ramiro Carregal visitou diferentes asociacións de Vilagarcía para achegar un donativo a cada unha. As asociacións que visitou a semana pasada foron Cáritas Vilagarcía, Con Eles e Centro Princesa Letizia e este mércores foron Bata, Cruz Vermella de Vilagarcía de Arousa e a Fundación Amigos de Galicia.
O propietario de Frinsa fixo entrega dunha cantidade económica igual á de anos anteriores a cada entidade con motivo das datas de Nadal, unha doazón que realiza todos os anos entre as entidades da zona.
Ramiro Carregal é coñecido pola súa solidariedade coas asociacións da zona. Ademais da doazón de índole económica, entrega doazóns de conservas.
A Fundación Amigos de Galicia comprou 10.000 euros en conservas, e recibiu a mesma cantidade en doazóns por parte da empresa riveirense. Ademais, a empresa tamén regala conservas de atún que se reciben cada tres meses e que a Fundación Amigos de Galicia tamén entrega aos usuarios das asociacións Bata, Con Eles e Princesa Letizia.