Moraña recibirá medio millón de euros da Deputación
Por Redacción
A Deputación de Pontevedra achegará o vindeiro ano un 4% máis de recursos ao Concello de Moraña no marco do Plan Concellos 2017, un incremento que vén dado polas novas bases do plan, que teñen por obxectivo beneficiar aos concellos máis pequenos da provincia.
Deste xeito, a vila da comarca de Caldas recibirá un total de 465.199,98 euros do Plan Concellos 2017, 17.582,98 euros máis que este ano, o que supón un 3,93% máis de recursos que no ano 2016, ano no que xa tivo un 36,3% de incremento respecto a 2015 (o que se traduciu en 93.747,95 euros máis).
Á marxe do Plan Concellos, Moraña recibirá o ano que vén outras axudas e subvencións, enmarcadas nas diferentes áreas de actividade da Deputación de Pontevedra, ás que o concello poderá concorrer.
Durante o ano 2016 a Deputación de Pontevedra destinou a Moraña un total de 601.955,82 euros (unha media de 138,12 euros por habitante).
Entre outras inversións os cartos adicáronse a unha senda peonil na PO-226 á altura de Santa Margarida e A Alberguería, a substitución da beirarrúa e tubaxe de auga na marxe dereita da rúa 1, a reposición do firme do viario principal de Saiáns e a pavimentación de viarios e acometidas de saneamento do núcleo rural de Castro. Ademais, creáronse dez postos de traballo nos servizos municipais.
Á marxe do Plan Concellos 2016, Moraña recibiu achegas para o fomento da cultura e a lingua na vila, con 35 actuacións do Pontegal e do Ano Castelao, así como coas axudas á rehabilitación do patrimonio histórico-cultural. Tamén se destinaron cartos para cohesión social e xuventude, ben a través dos servizos sociais comunitarios, as axudas básicas de emerxencia e o servizo de teleasistencia domiciliaria (do que se benefician catro persoas) ou ben mediante os distintos programas que ten en marcha a administración provincial.
Relacionadas:
-
A Deputación supervisa en Moraña o acondicionamento da senda peonil na PO-226
Por Redacción |
-
A seguridade viaria, unha das principais preocupacións en Ribadumia e Moraña
Por Redacción |
-
Cotobade, A Lama, Moraña, Meaño e Portas arranxarán camiños rurais cunha axuda da Xunta
Por Redacción |
-
O goberno da Deputación aproba achegas para A Illa de Arousa, Sanxenxo e Moraña
Por Redacción |