A praza da Constitución de Cuntis xa ten xogos adaptados
Por Redacción
O Concello de Cuntis rematou a colocación dos elementos de xogo adaptados no parque infantil da praza da Constitución.
Con esta obra queda rematada a reforma das áreas de xogo da praza da constitución.
No próximo ano, o Concello acometerá a mellora de áreas de xogo nos núcleos rurais de Cuntis. Será por orde de prioridade en aquelas aldeas que teñen máis nenos.