O Nadal en Vilaboa está cheo de sorpresas
Por Oskar Viéitez
O Concello de Vilaboa organizou un completo programa de Nadal para os vindeiros días.
O luns 26, a partir das 16.30 horas na Canteira de Paredes, haberá un obradoiro a cargo do grupo Migallas.
Para o martes 27, a partir das 11.30 horas da mañá, no local social de Bértola o Mago Paco fará un espectáculo de maxia.
Da man da Deputación de Pontevedra desenvolveranse obradoiros de monicreques e máscaras. É unha actividade para nenos de 5 a 12 anos incluida no Ano Castelao e que terá lugar de mañá 11 a 13 horas e pola tarde, de 17 a 18.30 horas na Casa de Cultura de Riomaior. Para anotarse chamar ao concello (986708215) ou na biblioteca municipal. O prazo de inscrición é ata o luns 26.
O contacontos de Polo Correo do Vento chegará o mércores 28, a partir das 16.30 horas no local social de Figueirido. E o xoves 29, será Pinga Teatro os que leven os seus contos a partir das 16.30 horas á Casa de Cultura de Riomaior.
Xa o venres 30 terá lugar outro obradoiro de Nadal con Voltereta e Volvoreta, a partir das 16.30 horas no local social de Postemirón.
O día de Reis, o 5 de xaneiro, a partir das 16 horas no Pavillón do Toural e ata as 17.30 horas, haberá una Festa de Nadal con música, xogos, globofexia e obradoiro de chapas conmemorativas deste día que os nenos van levar de recordo. Tamén haberá inchables durante toda a tarde, ata as 20 horas.
Está prevista a chegada das súas maxestades os Reis Magos ás 17.30 horas.