Sanxenxo non terá que acudir a préstamos por primeira vez desde 2001
Por Oskar Viéitez
O alcalde de Sanxenxo, Gonzalo Pita, acompañado por David Otero e Coral González-Haba, fixo balance este venres deste primeiro tramo do mandato que, a xuízo do goberno local, arroxou un "excelente dato en materia económica" que reflicte o resultado dunha xestión "responsable, centrada na eliminación de gastos superfluos e na optimización dos recursos".
E é que este ano 2016, e por primeira vez desde 2001, pecharase sen que as arcas municipais se vexan obrigadas a ter que recorrer a unha operación de tesourería. É dicir, non se necesita un préstamo para chegar a final de 2017.
O ano pasado o Concello recorreu a un crédito dun millón de euros.
Gonzalo Pita explicou que durante estes primeiros meses da lexislatura o goberno estivo centrado en reorganizar e canalizar proxectos e departamentos que estaban mal deseñados
Entre os avances en materia urbanística o goberno local citou o pago aos propietarios dos terreos do Revel e o desbloqueo do PEI 12. Urbanismo ten en marcha a contratación do anteproxecto para a rúa Progreso, o anteproxecto de ordenación do porto de Portonovo; un inventario de viarios públicos; a auditoría de varios expedientes e a redacción do proxecto para pista polideportiva cuberta en Nantes.
Gonzalo Pita tamén fixo referencia a que esta mandato Sanxenxo recuperou "un peso político que se botaba en falta hai tempo" e argumenta como "probas" diso: a execución da primeira fase da PO 308, a ampliación de 400.000 euros por parte da Deputación para a obra de Luís Rocafort ou a localización do Obradoiro de Hostalería do Salnés por primeira vez en Sanxenxo.
Este foi un ano record en ocupación turística para un municipio que vive fundamentalmente deste sector e niso, ademais do clima, o goberno local afirma que "tivo moito que ver" a organización de múltiples eventos culturais, deportivos, musicais, así como o Campionato Europeo de Fútbol Praia ou a gala en beneficio da Fundación Parkinson.
Finalmente o alcalde de Sanxenxo asegurou que "xa executamos un porcentaxe importante dos acordos que conforman o pacto de goberno, asinado hai ano e medio e que é o documento que marca a folla de ruta deste goberno", explicou Gonzalo Pita.
Relacionadas:
-
Nexia-Ors proposta para reformar a avenida Luis Rocafort en Sanxenxo
Por Redacción |
-
Telmo Martín: "si Pita tuviera decencia política, él y su gobierno tendrían que irse para casa"
Por Oskar Viéitez |
-
Urbanismo inicia o anteproxecto do plan especial de ordenación do porto de Portonovo
Por Redacción |