As estrelas visitan o Sánchez Cantón
Por Redacción
Nun paraninfo abarrotado como nunca antes, os alumnos do instituto Sánchez Cantón gozaron este mércores dunha particular edición do coñecido programa de televisión "Tu cara me suena".
Con esta actividade desenvolta polo grupo de Teatro do centro, o alumnado non se moveu da súa cadeira nin cando comezou o recreo.
Gañou Beyoncé (Sofía Cortés), segundo recolle a crónica publicada no perfil de facebook do Sanchez Cantón.
A cousa estivo tan disputada que o flamante xurado tivo que ampliar ata tres accesit pola "excelente calidade de todas as actuacións".
Din os profesores que foi "unha festa das mellores que se lembran".