Desconvocada a folga no servizo de recollida de lixos
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot
A asemblea de traballadores de Cespa.Ferrovial aprobou a desconvocatoria da folga de lixos prevista na cidade de Pontevedra desde o día de Nadal.
O persoal da concesionaria deste servizo municipal reuniuse este mércores ás 20.00 horas no salón de actos do edificio dos sindicatos e ratificou, cun só voto en contra, o preacordo alcanzado polo comité de empresa cos responsables da compañía, segundo informou o presidente do comité, Juan Carlos Corredoira.
A clave deste xiro nos acontecementos está na decisión de Cespa de retirar da mesa de negociación a súa intención de introducir no convenio a renuncia do cadro de persoal a reclamar a antigüidade acumulada durante os sucesivos contratos eventuais.
Relacionadas:
-
Preacordo entre Cespa e traballadores. Se o persoal o ratifica non haberá folga
Por Oskar Viéitez |
-
Os traballadores de Cespa manteñen, por agora, a folga na recollida de lixo a partir de 25 de decembro
Por Oskar Viéitez | Creada e actualizada
-
O Concello insta a Cespa a retomar as negociacións para evitar a folga na recollida de lixo
Por Alejandro Espiño |