Tranquilidade no goberno local tras impugnar o PP a convocatoria do pleno dos orzamentos
Por Diego Espiño
O Partido Popular impugnou a convocatoria do Pleno Municipal Extraordinario do próximo venres 23 de decembro no que se debaterá o orzamento elaborado polo goberno local ante a negativa para debater as emendas expostas pola oposición.
"Se nos quiere vetar el derecho a votar las enmiendas", asegura Jacobo Moreira, que ademais critica "el alcance que se le quiere dar a la votación", sinalou o portavoz do PP en relación á moción de confianza que ten previsto expor o alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores.
A pesar da situación, Moreira matizou a súa oferta de negociación ao goberno municipal ao asegurar que "con que nos acepte una sóla de nuestras propuestas", que pasan por unha baixa do IBI, o PXOM ou o Plan de Transporte Metropolitano, "estamos dispuestos a facilitar que salga adelante el presupuesto".
Ante as acusacións de falta de diálogo, o alcalde defende que "levamos máis de dous meses negociando" e que "se negociou cos grupos, cos veciños e con asociacións", aceptando algunhas das súas propostas. De feito Fernández Lores sinalou que modificaron aspectos en dúas das tres emendas que defende o PP, como plantexar unha rebaixa no imposto de recollida de lixos ou "ampliamos a partida para o transporte metropolitano".
Por ese motivo, aínda que "seguimos abertos a calquera negociación", o rexedor da capital defende a postura do goberno e a opción de poñer encima da mesa unha moción de confianza, un dereito que "a lei permite" e para a que "non cabe recurso".
Para Fernández Lores aceptar as emendas da oposición supón "obstruír un goberno lexítimo" e pode derivar, por exemplo, en "que non se faga a Feira Franca, o Surfing The Lérez ou que non se fagan os concertos da Peregrina, porque se reducen cartos de festas".
Ademais, en relación ao "efecto contaxio" que teme que se produza o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e que podería levar ao BNG para dificultar aprobación das contas na capital galega, Lores pecha esa posibilidade ao asegurar que "o BNG non vai pactar co PP para impedir ningún goberno en Galicia", algo que podería suceder en Pontevedra o venres se se confirman os votos en contra de toda a oposición e ao non optar algún deses partidos pola abstención.
Relacionadas:
-
O PP pide a nulidade da aprobación inicial do orzamento do Concello
Por Oskar Viéitez | Creada e actualizada
-
Luis Villares, "orgulloso" do papel de Marea Pontevedra en relación co orzamento municipal
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
A abstención de Marea permite o BNG aprobar o orzamento municipal
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
O orzamento, camiño do pleno en medio dunha dura batalla xurídica
Por Alejandro Espiño |
-
Lores someterá ao pleno só os orzamentos do BNG, a pesar dun ambiguo informe municipal
Por Alejandro Espiño |
-
Lores someterá ao pleno só os orzamentos do BNG, a pesar dun ambiguo informe municipal
Por Alejandro Espiño |
-
Martiño Noriega avoga por un acordo entre Marea e BNG: "É o lóxico e o que a xente espera"
Por Redacción |
-
Moreira di que os técnicos "no miran con el mismo celo" as propostas do goberno e da oposición
Por Alejandro Espiño |
-
O PP acusa a Lores de obrigar os funcionarios a emitir "informes express" para tratar de parar as emendas
Por Redacción |
-
Tino Fernández, portavoz do PSOE, pide un debate público con Lores para tratar o tema do orzamento
Por Redacción |