RADIO.- Luisa Márquez, reivindicativa por natureza
Por Marisa Ciordia
É premio Cidade de Pontevedra polo seu traballo e consecucións na Rede de Escolas da Unesco que vén plasmando desde o 97 no IES Luís Seoane de Monteporreiro. En 2015, mediante un dos proxectos de recuperación de memoria da emigración en Santa Clara, Cuba, recibiu a medalla Che Guevara.
Luisa Márquez é sobre todo mestra. Das que ademais dunha materia curricular, ensinou a defensa dos dereitos humanos, a igualdade, o dereito a unha educación pública de calidade, a acceder á cultura, a conseguir a paz, a respectar o medioambiente. E ademais de con ilusión e convencemento, conségueo con espírito reivindicativo.
É sen dúbida a playlist máis reivindicativa e de protesta que tivemos. Pero tamén con toda a vontade, de alcanzar un mundo mellor.