A Xunta corrixe o asfaltado de Jaime Janer
Por Redacción
A Consellería de Infraestruturas e Vivenda, que é a competente na estrada PO 313 no tramo urbano de Jaime Janer, levou a cabo un proxecto de mellora da capa de rodaxe e instalación de elementos de seguridade neste viario.
Nun dos tramos a mestura obtida para o aglomerado resultou mal executada, polo que houbo que proceder ao seu posterior asfaltado de novo.
Nestes días está a procederse ao pintado dos pasos de cebras, liñas de aparcadoiro e separación de carrís que realiza a empresa contratada pola Xunta de Galicia.
Queda nese contrato a execución do cambio dos báculos que se realizará unha vez finalice o período do Nadal, para non interferir coa iluminación. Conservaranse as lámpadas que foron cambiadas a leds nunha recente subvención do Instituto Enerxético de Galicia (INEGA) e cambiar os báculos por uns máis modernos e que acompañen esta travesía tan urbana.