Uns particulares agasallan ao Concello unha leira no Gafos
Por Oskar Viéitez
Uns particulares doaron ao Concello de Pontevedra unha parcela na rúa Palamios, xunto ao río dos Gafos.
A leira atópase situada detrás do instituto Sánchez Cantón, no inicio do paseo fluvial.
Trátase dunha pequena parcela de 54,70 metros cadrados.
O portavoz do goberno municipal, Raimundo González, informou que a Xunta de Goberno deu conta desta cesión gratuíta. A intención do Concello é incorporar estes terreos ao viario de paseo.