Bueu recibirá máis de 100.000 euros para seguir rehabilitando o Estaleiro da Banda do Río
Por Redacción
O Concello de Bueu recibirá axudas para a segunda fase de rehabilitación do Estaleiro da Banda do Río e para a realización dun curso de socorrismo en espazos acuáticos naturais.
O goberno local ten previsto que a comezos de 2017 se licite a primeira fase de reforma do tradicional estaleiro con cargo ao Plan Concellos da Deputación de Pontevedra. A segunda fase, coa subvención do Grupo de Acción Local da Ría de Pontevedra GALP por valor de máis de 100.000 euros foi concedida para 2018.
Desde o Concello queren que antes de finalizar este ano se deseñe unha web na que se explicarán as orixes e o desenvolvemento do proxecto. Tamén se quere realizar un logo, material divulgativo aparellado ás obras de acondicionamento en que se dotará á obra de contidos expositivos, dunha pasarela de madeira interior, iluminación e videovigilancia que evite os actos vandálicos.
Esta previsto que na primeira fase das obras se consolide a estrutura, actualmente moi deteriorada, coa substitución de todos os elementos de cubertas e a execución dun peche perimetral de vidro e madeira que permita a visión desde o espazo urbano desta obra.
SOCORRISMO
O GALP tamén concedeu unha subvención por importe superior a 31.000 euros para un curso de socorrismo en espazos acuáticos naturais. Este proxecto presentouse conxuntamente polos concellos de Bueu e de Marín.
Con esta iniciativa está previsto que se celebren dous cursos para 15 persoas na Escola Náutica Pesqueira de Bueu. Desta forma, ambos os municipios queren atopar alternativas ás dificultades que se atopan os concellos para contratar socorristas para as praias, segundo indica o Concello de Bueu.
Relacionadas:
-
Costas autoriza a segunda fase do estaleiro da Banda do Río
Por Redacción |
-
Reanúdanse as obras de rehabilitación do estaleiro da Banda do Río
Por Redacción |
-
A rehabilitación do estaleiro de Banda do Río, en marcha
Por Redacción |
-
Portos retarda as obras do serradoiro da Banda do río
Por Redacción |
-
A Xunta concede unha axuda para promover a igualdade das mulleres no mar
Por Redacción |
-
A lonxa de Bueu instalará un sistema automatizado de poxa por internet
Por Oskar Viéitez |
-
Bueu ultima os proxectos que presentará ao Plan Concellos 2017
Por Redacción |
-
O GALP Ría de Pontevedra presenta en Bueu o seu programa de axudas
Por Redacción |
-
A Deputación completa o Plan Concellos con 40 millóns de euros en investimentos
Por Oskar Viéitez |
-
Bueu aproba os seus orzamentos 2016, que inclúen 315.000 euros para rehabilitar o estaleiro de Banda do Río
Por Redacción |