Sanxenxo, a polas 13 bandeiras azuis
Por Redacción
O Concello de Sanxenxo presentou esta semana á Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (ADEAC) a candidatura local á campaña Bandeira Azul 2017. Nesta edición, a vila turística aspira a lograr 13 ecodistintivos. 11 deles corresponden a 12 praias, e os outros son para o Porto Deportivo Juan Carlos I de Sanxenxo e para o Centro de Interpretación As Telleiras, situado en Vilalonga.
As praias que optan a lograr a bandeira azul son Silgar, Baltar, Canelas, Paxariñas, Montalvo, Bascuas, Pragueira, Major, Foxos, Areas Gordas-A Lapa e O Espiñeiro-A Lanzada.
A información enviada ao organismo que concede o distintivo céntrase nas características que presenta cada praia e os servizos dos que dispón. A finais de maio ou en xuño de 2017 coñecerase a decisión do xurado nacional Bandeira Azul. O verán pasado, Sanxenxo contou con 12 bandeiras azuis.
Relacionadas:
-
Pontevedra logra 53 bandeiras azuis para as súas praias con Sanxenxo á cabeza, con once
Por Alejandro Espiño |
-
Voluntarios retiran o lixo acumulado nas praias de Montalvo e Bascuas
Por Redacción |
-
Telmo Martín acusa o goberno de Sanxenxo de falta de liderado durante 2016
Por Redacción |
-
Por que perdeu a praia de Areas a súa bandeira azul?
Por Redacción |