Agasallos orixinais e artesanías, xa en 'Pontenadal'
Por Mónica Patxot
Coiro, pel, cerámica, pintura, téxtil, prata, produtos apícolas, complementos, xoguetes de madeira, roupa ecolóxica, peluches térmicos e moitos outros agasallos. Todo está xa a disposición dos pontevedreses desde este venres na praza do Teucro dentro da xa habitual Feira de artesanía e agasallo 'Pontenadal'.
O alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, e o presidente do Centro Comercial Urbano Zona Monumental, Miguel Lago, acompañados de varios representantes municipais, inauguraron a feira este venres cun percorrido polos 33 stands deste ano, entre os que se atopan as ONGs Alba, Amencer e Solidaridad Internacional.
En todos os postos abertos xa ao público recóllense propostas de agasallos orixinais. Ademais, estarán baixo cuberto na habitual carpa, que estará aberta ata o 5 de xaneiro, todos os días, agás os de Nadal e Aninovo en horario de mañá de 11.00 a 14.00 horas e tarde de 17.00 a 21.30 horas.
Nesta edición, como novidade, faranse obradoiros, demostracións e degustacións segundo o horario que se pode consultar aquí.
Relacionadas:
-
Últimos días para poder visitar PonteNadal na praza do Teucro
Por Redacción |
-
Educación e a Fanpa colaboran nunha ampla oferta de actividades extraescolares para os vindeiros días
Por Redacción |
-
450 metros cadrados de fantasía para toda a familia en Pontexogos
Por Mónica Patxot |
-
Agora si, xa está aquí o Nadal: chegan Pontexogos e Pontenadal
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Regalas un amplificador de móbiles? Atopáchelo: Pontenadal
Por Cristina Saiz & Marisa Ciordia |
-
Quince anos regalando artesanía
Por Alejandro Espiño & Cristina Saiz |