Os alumnos do San José descobren que o máis difícil de ser alcalde é: "manter contenta á xente"
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot
Un grupo de alumnos do colexio San José acudiu este xoves ao Concello de Pontevedra para coñecer o funcionamento desta institución. Como anfitrións actuaron o alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores e a concelleira de Educación, Carmen Fouces, quen se encargou de resolver todas cantas dúbidas foron expostas polos nenos.
A sala de prensa do edificio de Michelena 30 cambiou aos habituais xornalistas por un grupo de escolares nunha peculiar comparecencia de Fernández Lores que tamén deixo algún titular, así o rexedor confesou ante os pequenos que "o máis difícil" do seu cargo é "manter contenta á xente".
Iso si, Lores tamén lles lanzou o seu coñecido discurso sobre o modelo de cidade, insistindo no deseño urbano pensado para os nenos.
A vista terminou cun agasallo para os nenos, unhas camisetas coa imaxe do loro Ravachol.